miércoles, 21 de noviembre de 2012

DEBERÍA IRME PARA ISLANDIA

No mes de xulio, nunha situación especial, lembreime do poema de Salvador Espriu "Assaig de cántic en el temple" (escrito en 1954), e inspirado nel fixen unha parte deste (para o Facebook). Agora, noutra situación tamén especial, engadolle uns poucos versos mais para o fin.

¡Ah que canso estou da miña
covarde, vella e tan resignada terra,
e como me gustaría afastarme dela,
cara ó norte, alén da Estaca de Bares,
á illa dos volcáns, glaciares e géiseres,
onde parece que a xente é
nobre, culta, libre, feliz,
espelida i esixente dos séus dereitos!

Entón dirían desaprobando:
"Coma o páxaro que deixa o niño,
así o home que abandona o seu lugar",
mentras eu, ben lonxe, ririame
das queixas, lamentacions e penurias
do meu condescendente pobo.

Pero non vou realizar nunca tal soño,
e aquí ficarei até a morte,
Ficarei, sí,
ainda que non resignado nin dócil,
pois amo, ademais, con unha desesperada dor,
a esta a miña pobre, sometida e desgrazada patria.

Esta Galiza, o meu vello país,
que semella nugallán co seu porvir,
esvaecéndose  nas encrucilladas do tempo.
Agardando un albor que a espreguize,
día tras día e noite tras noite,
tentarei esquecer ese sono.

Aquí ficarei, ergueito  na esperanza,
devecendo un vento que xurda con forza,
para darme azos e ilusión,
sin esmorecer no camiño,
até que chegue o mañán da patria soñada.
Aquí ficarei até a morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario